Proceso selectivo: 3 prazas de Policía Local
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a provisión en propiedade de tres prazas de policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019.
Publicación no Boletín Oficial do Estado
Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui.
Publicada a relación provisional 2ª de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui.
O prazo para presentación de enmendas é de DEZ días hábiles a contar dende o día seguinte ao da públicación desta resolución.
Lugar e prazo para a presentación de solicitudes
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PECHADO
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, dende o 14/12/2020 ata o 13/01/2020.
As persoas aspirantes deberán presentar as súas instancias seguindo o modelo que se engade como ANEXO I, na sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas).
Requisitos das persoas aspirantes
- Posuír a nacionalidade española
- Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1c) do Real Decreto lexislativo 5/2015
- Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres
- Estar en posesión do titulo de bacharel técnico
- Ser titular dos permisos de conducir A2 e B na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes
- Non ter sido condenado/a por delito doloros nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatuarios das comunidades autónomas
- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da Policía Local
Documentación a presentar
- ANEXO I cumprimentado
- DNI
- Declaración responsable de estar en posesión da titulación esixida na presente convocatoria
- Permisos de condución B e A2
- Declaración responsable comprometendose a manter vixentes os permisos do punto anterior mentres se permaneza en situación de servizo activo, como funcuionario/a de carreira no Corpo da Policia Local
- Declaración responsable do compromiso de portar armas e, de ser o caso, de chegar a utilizalas
- Certificado de estudos de lingua galega (Celga 4 ou equivalente), a efectos da exención da realizacion da proba de coñecemento da lingua galega.