Proceso selectivo: electricistas

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha lista para a contratación laboral temporal de electricistas. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

As bases da convocatoria publicaronse no BOP nº 162 do 26 de agosto de 2021

Presentación de solicitudes

As persoas que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias co modelo de ANEXO que se pode descargar nesta páxina, a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

O prazo para a presentación de solicitudes é de DEZ días hábiles a contar dende o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas para o desempeño das funcións. 

- Posuír a formación de, como mínimo, Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente. 

- Estar en posesión do permiso de conducir clase B. 

|