O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III convida aos veciños e veciñas a degustar doces, ademais de chocolates e cafés elaborado polo alumnado/traballador no Centro de Formación. Será gratuíto ata esgotar existencias.
O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.
O alumnado/traballador do obradoiro de emprego recibe formación complementaria en materia de Igualdade de Xénero. Aproveitando esta formación, as integrantes do Centro de Información á Muller (Directora, Avogada e Psicóloga) visitaron o centro de formación para impartir unha charla sobre este servizo público que ofrece o Concello de Boiro.
Este proxecto enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014 – 2020, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.